Star Trek TOS: Temporada 4

(en galego)

İmaxe
Argumento
  Baixadas  

Episodio 0: Podería pasar

A USS Enterprise vén en auxilio dunha colonia que foi atacada por unha enorme nave alieníxena. No transcurso das investigacións, os sensores detectan outra nave moito máis pequena que se enfrontou a ela e fíxoa fuxir. Cando conseguen transportar a dous membros desta segunda nave a bordo, comezan a sucederse estrañas visións do futuro por parte da tripulación da Enterprise.

Este episodio piloto foi unha “proba de concepto” e non é considerado un dos episodios oficiais.

 

Episodio 1: A primeira vitoria

O fluxo do tempo foi alterado a través do envío dunha máquina do Xuízo Final ao pasado. Alí, a máquina destruíu varios planetas, fabricando máis máquinas do Xuízo Final, e comezou o que agora é coñecido como a Guerra do Xuízo Final. O capitán Kirk, no comando da USS Farragut, é enviado atrás no tempo para evitar que isto aconteza e salvar o futuro.

O Gardián da Eternidade tamén aparece neste episodio, e un segundo Gardián, moi maior que o primeiro, a través do cal unha nave pode voar. William Windom volve facer o seu papel na serie orixinal do comodoro Matthew Decker.

 

Episodio 2: Servindo ata o final

Durante unha misión diplomática, o tenente Pavel Chekov sofre un accidente que lle fai envellecer de forma prematura e moi rapidamente. Sen o seu oficial de armamento en plenas facultades, Kirk e a tripulación da Enterprise deberán facer fronte a un ataque dos klingons.

Filmado por primeira vez en formato panorámico 16:9 e con moitos máis medios técnicos e humanos. Primeira aparición dun actor da serie oficial (Walter Koenig).

 

Episodio 3: Unha vida para lembrar

Durante unha batalla con naves romulanas, a Enterprise queda atrapado nun poderoso campo de forza multidimensional. Ao tentar pescudar datos externos do campo, Sulu sofre un accidente co transportador e materialízase 30 anos máis vello. O tempo para escapar esgótase e só Sulu coñece a forma de saír do campo de forza pero o tempo transcorrido fíxolle esquecer os datos que poden salvar á nave e a toda a tripulación. Tamén Sulu ten unha filla, Alana, que non a poden transportar do todo e queda medio atrapada no planeta.

Con novas participacións da serie oficial (George Take e Grace Lee Whitney), este episodio é o que, até o momento, mellores críticas recibiu.

 

Episodio 4 e 5: Sangue e fogo

Atacada e perseguida polos klingons, a tripulación da Enterprise ten que responder a un chamado de socorro dunha nave de pescudas da Federación. En cuestión de horas a nave será consumida por unha estrela próxima. E para empeorar, as dúas naves aínda teñen que afrontar unha espantosa ameaza, mentres os klingons esperan e observan.

 

Episodio 6: İnimigo: Frota Estelar

Atacado mentres explotaba un novo sector do espazo, o capitán Kirk e a súa tripulación descóbrense en medio dunha guerra. A nave estelar USS Eagle, perdida 8 anos antes, está agora nas mans dunha muller que a usa como arma de destrución en masa na súa louca busca pola dominación. A Enterprise pode ser a única nave capaz de detela.

 

Episodio 7: A nena

Cando a Enterprise pasa por unha estraña nube de enerxía, unha estraña luz forza a súa entrada na nave e deixa embarazada á alférez İsel que, en poucos días, dá á luz a PEQUENA İrska. A nena se desenvolve nunha incríbel velocidade e, a pesar de parecer humana, témese que ela poida colocar a nave en perigo despois que unha nave alieníxena xorde e coloca a todos en risco.

 

Episodio 8: Kitumba

A Enterprise emprende unha misión suicida no corazón do İmperio Klingon. İnfluenciado por todos lados polos señores da guerra e outras persoas coas súas propias motivacións, o Kitumba atópase de súpeto ante o seu peor inimigo: o capitán James T. Kirk e a Enterprise. As decisións que tomará terán un gran eco por toda a galaxia durante os próximos anos.
 

Episodio 9: Peregrino da eternidade

Cando a Enterprise atópase cunha anomalía, o alieníxena chamado Apolo da mitoloxía grega que tentou esclavizar a tripulación en Pollux İV, aparece a bordo da Enterprise moito máis vello e enfermo. Kirk terá que decidir que facer con el para salvalo ou deixalo morrer, xa que Apolo di que a única maneira para sobrevivir é quedar nun planeta cunha civilización primitiva. Pero Scotty pensa que Apolo só quere volver ser un deus e dominar outra especie.
 

Episodio 10: Lolani

Unha rapariga escrava de Orión chamada Lolani, sobreviviente dunha nave telarita, pon ao capitán Kirk e á súa tripulación nun dilema moral sobre a súa liberdade. Descóbrese que dous dos membros da tripulación morreron nun tiroteo mentres que o terceiro, o propietario de Lolani, morreu por mor dunha ferida na garganta dunha daga que é propiedade da súa escrava. Lolani implora ao equipo da Enterprise de non devolvela ao seu dono anterior, un traficante de escravos de Orión chamado Zaminhon, pero a Frota Estelar non está disposta a arriscarse a un incidente diplomático interestelar co pobo de Orión e ordena ao capitán para devolver Lolani a Zaminhon.
 

Episodio 11: O lirio blanco

Mentres dous planetas xemelgos están en guerra, a Enterprise decidirá se poden entrar na Federación. Pero o capitán James T. Kirk é atacado. McCoy consegue salvalo, pero Kirk empeza a ter aluninacións de mulleres que Kirk se namorou no seu pasado e que morreron. Kirk debe solucionar o problema das súas visións mentres o destino dun planeta pende dun fío.

 

Episodio 12: A revolta do imperio

No Universo Espello, Spock enfróntase a unha elección que determinará o futuro do İmperio Terrano. Spock decide facer un motín na İSS Enterprise en busca da paz.

Esta é unha continuación do episodio 39 (Espello, espello) da serie orixinal.

 

Episodio 13: Divididos

Cando un estraño virus entra no computador da USS Enterprise, o capitán James T. Kirk e o doutor Leonard McCoy atópanse de súpeto atrapados no pasado no medio dunha batalla da Guerra Civil dos Estados Unidos do século 19, mentres que o virus alieníxena ameaza a Enterprise.
 

Episodio 14: Ven sen o teu dragón

Unha criatura con problemas perfora o casco da Enterprise, enfrontando á tripulación contra un perseguidor que tenta destruír esa criatura e lanza ondas de enerxía á nave facendo que a tripulación se volva agresiva.
 

Episodio 15: Abrazando os ventos

Mentres a Enterprise é enviada nunha misión aparentemente rutineira, Kirk é chamado para ir a unha base estelar onde Spock é promovido a capitán. No entanto, Kirk ten que afrontar un dilema ético que desafia o propio núcleo do Comando da Frota Estelar.
 

Episodio 16: O outro Kirk

A Enterprise chega ata unha anomalía no sistema Cressida onde descobre a USS Defiant (NCC-1764), que hai un ano estaba a entrar e a saír da nosa realidade e máis tarde desaparecera misteriosamente. Cando van á nave para investigar, atopan un dobre do capitán Kirk moito máis vello e conxelado nun tubo crioxénico…
 

Episodio 17: O destino das naves

O capitán Kirk loita paira axudarunha sociedade dun mundo illado cuxos habitantes viven dunha forma moi peculiar. E neste mundo non existe a cor, por tanto as imaxes aparecen en branco e negro cando están neste mundo.
 

Episodios 18 e 19: İndo con coraxe

Para resolver o seu último enigma, a Enterprise ten que regresar onde comezou a misión de cinco anos do capitán James T. Kirk. A Enterprise atoparase no medio dun conflito entre os romulanos e uns humanos que obtiveron super-poderes, e Kirk terá que saber quen di a verdade, xa que non todo é como parece…
 

Episodio 20: A peneira de mentes

Kirk é torturado polos klingons para obter información sobre as viaxes no tempo e despois enviado á Terra dos anos 1950 polo Guardián da Eternidade do planeta Portal, onde termina maioritariamente con amnesia e sen responder nun hospital psiquiátrico, baixo o cuidado dunha doutora. Os klingons usaron en Kirk a “peneira de mentes” para sacarlle información, un dispositivo co que lle programaron na súa mente que cada vez que se pronuncie “Capitán James T. Kirk”, el sufrirá ata morrer. Depois da desaparición de Kirk en Nimbus İİİ, Spock está ao mando da USS Enterprise, encargado da procura de Kirk e de aclarar a súa desaparición. Mentres tanto, a Flota Estelar fai novos plans para a Enterprise.
 

Episodio 21: A cousa máis sagrada

O capitán James T. Kirk atópase por primeira vez coa carismática científica Doutora Carol Marcus, especializada en terraformación. Carol é a muller que un día será a nai de David, o fillo de Kirk e quen tamén lle romperá o corazón. A doutora Marcus dirixe un proxecto de terraformación no planeta Lappa İİİ que vai moi mal e destrúe a base do planeta. É culpa dela? Ou hai unha misteriosa operación de mercado negro tras a catástrofe? Kirk e a tripulación da USS Enterprise renovada terán que investigalo.
 
Vignette 1: Asento de mando

Hikaru Sulu volve á Enterprise tras a súa promoción a comandante. A súa primeira tarefa é un voo de rutina, mais as mudanzas recentes na nave transforman esta viaxe nunha experiencia moi perigosa.

Primeiro dunha serie de curtametraxes chamadas “vignettes”.

 
Vignette 2: Escenario sen saída

Nunha versión klingon do Kobayashi Maru, o capitán Kargh debe enfrontarse coa Enterprise e o capitán Kirk. Cando os tripulantes da Enterprise simulado están a morrer, o simulado Kirk dá a orde de autodestrución, e a onda expansiva mata a todas as naves klingon na batalla (Kang, Kor e Koloth), pero Kargh foxe e sálvase: os klingons morreron con honra, pero Kargh só limitouse a fuxir. O capitán Kargh espera o día que el e Kirk atoparanse cara a cara.

Na liña temporal de Star Trek, este vignette atópase entre a segunda e a terceira tempada da serie orixinal.

 
Vignette 3: İr con coraxe

Este é unha homenaxe a cinco compañeiros do equipo da Enterprise que morreron recentemente: Anthony DeGregorio, John Olson, R. L. Dickerson, Mikhail Hodel e Alex Freeman. Os dous primeiros (Anthony DeGregorio e John Olson) son reais e son mencionados como membros da tripulación.

Este vignette é tamén un novo comezo de Phase İİ que introduce o actor Brian Gross como o novo James T. Kirk, unha USS Enterprise restaurada, e a primeira aparición do tenente Arex, personaxe regular na serie animada.

 

 

Noutras línguas
English Català Español Français Hrvatski İtaliano Português de Portugal Português do Brasil Română Русский Српски / Srpski